XVII Mercado Medieval Costa da Morte - Corcubión 21-22-23 xullo 2017

HISTORIA

Coa constitución do primeiro Reino Medieval europeo, despois de asinar suevos e romanos un pacto (foedus) que supón o recoñecemento tácito por parte dos romanos do novo estado suevo como poder independente, comeza en Galiza a Idade Media.

A Idade Media é un periodo de moita importancia na historia de Galiza, xa que é neste tempo cando se conforman e comezan a definirse unha serie de elementos que nos constitúen hoxe como nación. Así na Idade Media, a nosa cultura acada uns niveis de prestixio que fan do galego unha das linguas máis importantes de Europa.

O noso territorio actual confórmase tamén na Idade Media no noroeste da Gallaecia, que existiu como unidade ao longo de grande parte da Alta Idade Media.

Mais a importancia que adquire Galiza neste tempo non está só no plano cultural. No plano político Galiza era o centro dos reinos medievais peninsulares até o punto de que grande parte dos reis de Galiza denominábanse tamén Emperadores, o que lles daba superioridade sobre outros reis peninsulares. Un destes Reis de Galiza que se autoproclamara Emperador foi Afonso VII, coroado Rei de Galiza en 1110 por Xelmírez na Catedral compostelana, e que recibirá a súa educación no Mosteiro de Moraime en Muxía, a cargo de D. Pedro Froilaz, Conde de Trava. Don Pedro, un persoeiro con grande influencia, representaba a unha das liñaxes máis importantes de Galiza, con orixes na Costa da Morte. Posuía o título de Conde de Galiza desde 1109 e fora educado na corte de Afonso VI. Isto dános unha pequena mostra do que representaba daquela a nobreza galega e da forza que tiña no contexto medieval.

Mais, pouco a pouco, este esplendor que se mantén durante a maior parte do periodo medieval vai entrando en decadencia, até a imposición definitiva do Estado Moderno por parte dos Reis Católicos e a conseguinte dominación da nobreza galega na coñecida doma e castración do Reino de Galicia que nalgúns casos se convertiu en decapitación, tal como sucedeu co Mariscal Pardo de Cela, o 17 de decembro de 1486 na vila de Mondoñedo.

Nestes últimos tempos da Idade Media adquire importancia unha familia, descendentes dos Trava, que xogará un importante papel na vila de Corcubión: os Moscoso, que acadan o título de Condes de Altamira nos derradeiros tempos do rei Henrique IV. Esta familia dálle un forte pulo a Corcubión ao asentarse nela en 1430 Rui Sanches de Moscoso, o seu fillo Rodrigo de Moscoso e a súa nora Xoana de Castro, e estableceren a capitalidade xurisdicional con miras ao aproveitamento do tránsito marítimo e a defensa da xurisdición.

Ten capital importancia neste tempo para a vila de Corcubión o seu porto, o máis occidental de Galiza e escala obrigada para os barcos que continuaban para o sur ou para o norte, especialmente desde o século XIV, época de grande prosperidade na súa flota e nas súas frecuentes relacións comerciais con Italia e especialmente coa república de Venecia, algo do que nos pode dar fe a aparición da imaxe de San Marcos, que segundo se di, foi arroxada ao mar por unha embarcación estranxeira. Esta imaxe conta tamén coa pegada dos Moscoso no seu respaldo, onde aparecen as armas dos Altamira.

Segundo o Compendio del Estado de Altamira, redactado en 1724 polo preceptor do Conde de Altamira, José Isla de la Torre, a parroquia atopábase antigamente fóra da vila, e denominábase San André de Canle. O Arcebispo de Santiago, Francisco Blanco, uniuna á parroquial de Corcubión, e en 1480 construiuse, reformando a vella, a nova igrexa próxima ao pazo e contigua ao peirao.

Sabemos tamén do hospital, fundado por Don Rodrigo de Moscoso e a súa dona Xoana de Castro, para atender os peregrinos que, procedentes de Santiago, continuaban a súa viaxe para visitar o santuario da Barca e o Cristo de Fisterra. Descríbesenos Corcubión como unha terra rica en trigo, centeo, millo e con moita cria de gando maior e menor, así como numerosos xabarís e perdices.

Corcubión, que a diferenza das veciñas Cee e Fisterra non era de dominio eclesial e polo tanto gozaba de máis liberdade, gobernábase por un xuíz ordinario e catro rexidores que nomeaba o Conde de Altamira, sen proposición e sen arbitrio, e por un procurador xeral, designado polo concello. Había tamén dous procuradores de causas, nomeados ás veces polo Alcalde Maior e ás veces polo Conde. A xurisdición suxeita ao xuíz de Corcubión comprendía as freguesías de Brens, Redonda, Toba, Lires, Frixe, Touriñán, Salgueiros, Pereiriña, Dumbría, Olveira, Ézaro, Ameixenda, Morquintián, Bardullas, Buiturón, Caberta, Carnota, Lariño e Serres.

PATROCINADORES

Mahou
Pub Dados
Pub Dados
Idem Tattoo
Idem Tattoo
Aguas Corcubión – Cee
Aguas Corcubión –…
O Quenxeiro
O Quenxeiro
Perruquería Diana Vilar
Perruquería Diana V…
Automociones Lema Rodríguez
Automociones Lema Ro…
Carnicería Muiño
Carnicería Muiño
Maderas Casais
Maderas Casais
Restaurante San Martín
Restaurante San Mart…
Juan R. Insua Redonda - Arquitecto técnico
Juan R. Insua Redond…
Casa Bujeiro
Casa Bujeiro
Marcos Canosa
Marcos Canosa
Taxis Corcubión
Taxis Corcubión
Hotel Insua
Hotel Insua
Panadería Fernández
Panadería Fernánde…
Casa de Carmen
Casa de Carmen
1764 Espazo Gastro
1764 Espazo Gastro
Autos Caamaño
Autos Caamaño
Bar O' Curbeiro
Bar O' Curbeiro
O Forno
O Forno
Carnicería Antelo
Carnicería Antelo
Cafetería Pazo
Cafetería Pazo
Pinturas CeeColor
Pinturas CeeColor
Carnicería Plaza
Carnicería Plaza
Noacar
Noacar
Floristería Toja Electricidad
Floristería Toja El…
Casa Cantorna
Casa Cantorna
Suministros Lar
Suministros Lar
Cubiertas e Impermeabilizaciones J. Fidalgo
Cubiertas e Impermea…
Cafetería Alborada
Cafetería Alborada
Euronics Cee
Euronics Cee
Supermercado Trasmonte
Supermercado Trasmon…
Bar Tío Moncho
Bar Tío Moncho
RE 100
RE 100
Pub Gavilla
Pub Gavilla
Fritega
Fritega
Taberna Mariñeira O Ribeiro
Taberna Mariñeira O…
Chuminadas
Chuminadas
Frutería Chelis
Frutería Chelis
Manuel Agulleiro Carpintería P.V.C
Manuel Agulleiro Car…
Asador Criollo Los Argentinos
Asador Criollo Los A…
Hotel - Restaurante As Hortensias
Hotel - Restaurante …
Hotel - Restaurante Praia de Quenxe
Hotel - Restaurante …
Bar Suiza
Bar Suiza
Lema Automoción S.L.U
Lema Automoción S.L…
Aurora Sport
Aurora Sport
Restaurante Carrumeiro
Restaurante Carrumei…
Usamos cookies propias e de terceiros para mostrar publicidade personalizada segundo a súa navegación. Se continua navegando consideramos que acepta o uso de cookies. OK Máis información