XX Mercado Medieval Costa da Morte - Corcubión 22-23-24 xullo 2022

Blog

Imos ver de mellorar sen estragar o que está feito

Imos ver de mellorar sen estragar o que está feitoDespois de dez anos nas mesmas mans o Mercado Medieval de Corcubión cambia de dirección. Agora chámase Mercado Medieval da Costa da Morte e o presidente da asociación que o organiza é José Ramón Piñeiro, profesional do Salvamento Marítimo, sindicalista de UGT e militante socialista. Esa vinculación, di, nada significa. «E podes poñelo ben claro, non imos ter un trato especial do Concello, a mesma axuda que había antes, o mesmo trato, se fora doutra maneira, non o aceptaría», di.

¿Como veu a saída do anterior equipo?

A cousa non a vin acabar e alédome de non telo visto. Agora non é o momento de levarse mal. Temos que buscar o interese da vila e da comarca. Os que facían o mercado estaban cansos e querían deixalo e enténdoo perfectamente. O que non saiba valorar todo o que fixeron ten dous traballos. Creo que a maioría sabe o que se fixo durante estes últimos anos e que tivemos un dos mellores mercados de España.

¿Como se decidiu a dar o paso e recoller o relevo no mercado?

Existía unha inquedanza por se se perdía a festa. Eu mantívenme á marxe ata que me chamaron do Concello. Dixéronme que era un tema importante e que alguén tiña que dar un paso adiante.

¿Que vai cambiar?

Imos ver de mellorar sen estragar o que está feito, que é moito. O problema do mercado é que é moi caro. A situación é delicada e intentaremos estar á altura. Entre as novidades, imos crear unha páxina web na que invitaremos a estar ás empresas da zona, pensamos en ampliar o número de postos e ocupar rúas restauradas, e trasladar a zona infantil ao Campo do Rollo. O do Desembarco estamos pensando aínda si se fará ou non.

¿Contará co material existente?

Depende de se o precisan os que estaban para saldar unha débeda. Se é así, da miña boca non sairá unha queixa, enténdoo. Para min coller o mercado é unha honra e un reto. Sentireime raro se os que estiveron se apartan un pouco.

Fonte: A Voz de Galicia

Entrada publicada: 20/02/2011

Volver

Patrocinadores

Estrella Galicia Deputación A Coruña
Casa Bujeiro
Casa Bujeiro
Marcos Canosa
Marcos Canosa
Chuminadas
Chuminadas
Autos Caamaño
Autos Caamaño
Bar Suiza
Bar Suiza
Aguas Corcubión – Cee
Aguas Corcubión – Cee
Maderas Casais
Maderas Casais
Café - Bar Alborada
Café - Bar Alborada
Euronics Cee
Euronics Cee
Restaurante San Martín
Restaurante San Martín
Frutería Chelis
Frutería Chelis
Carnicería Muiño
Carnicería Muiño
Noacar
Noacar
Floristería Toja Electricidad
Floristería Toja Electricidad
Taberna Mariñeira O Ribeiro
Taberna Mariñeira O Ribeiro
MT Perruqueiros
MT Perruqueiros
Pub Gavilla
Pub Gavilla
Parrillada - Restaurante A Brasa
Parrillada - Restaurante A Brasa
RE 100
RE 100
Pub Dados
Pub Dados
Hotel Insua
Hotel Insua
Mar de Crebas
Mar de Crebas
O Quenxeiro
O Quenxeiro
Hotel - Restaurante As Hortensias
Hotel - Restaurante As Hortensias
Panadería Fernández
Panadería Fernández
Aurora Sport
Aurora Sport
Suministros Lar
Suministros Lar
Cafetería Pazo
Cafetería Pazo
Supermercado Trasmonte
Supermercado Trasmonte
Perruquería Diana Vilar
Perruquería Diana Vilar
Cubiertas e Impermeabilizaciones J. Fidalgo
Cubiertas e Impermeabilizaciones J. Fidalgo
Carnicería Antelo
Carnicería Antelo
Pinturas CeeColor
Pinturas CeeColor
Bar Tío Moncho
Bar Tío Moncho
Carnicería Plaza
Carnicería Plaza
Restaurante Carrumeiro
Restaurante Carrumeiro
Usamos cookies propias e de terceiros para mostrar publicidade personalizada segundo a súa navegación. Se continua navegando consideramos que acepta o uso de cookies. OK Máis información