Blog
O Mercado Medieval de Corcubión celebrarase entre os días 22 e 24 de xullo
O próximo Mercado Medieval de Corcubión -agora denominado Mercado Medieval Costa da Morte- está xa listo. Será os próximos días 22, 23 e 24 de xullo e ocupará, como vén sendo habitual, boa parte do centro histórico. En total, prevese a presenza duns 90 os postos, ampliando o espazo destinado á faceta comercial na contorna da igrexa.
Nesta ocasión, hai algúns cambios con respecto a anteriores edicións. Así, non haberá representación do Desembarco. A cita cinguirase aos expositores e ás actividades propias do mercado. Ademais, a organización non correrá a cargo da empresa Pegasus, que o viña facendo ata agora, senón doutra, coruñesa, chamada Temporarius. As modificacións tradúcense nun abaratamento dos custos. A festa custará 18.000 euros e terá tamén teatro e música nas rúas. Ademais, dáselle máis protagonismo á achega local. Da comarca serán unha decena de artesáns que farán demostracións en vivo. Tamén serán de Corcubión case todos os postos de comida que constituirán a oferta do mercado medieval.
As actividades para nenos terán un peso importante, cun completo circuíto de atraccións. Os organizadores están pendentes dalgunhas atraccións máis que poderían chegar con subvencións provinciais. Ademais, teñen unha web, www.mercadomedieval.info, con todo o programa detallado.
Fonte: A Voz de Galicia
Entrada publicada: 31/05/2011
Volver