Blog
O Mercado Medieval de Corcubión xa quence motores
Quedan xa poucos días para o XI Mercado Medieval de Corcubión, que se celebrará esta fin de semana de venres 22, sábado 23 e domingo 24.
Como novidade principal, xa sabemos que o Desembarco non se vai desenvolver na praia do casco urbán de Corcubión, senón que se levará ata a praia de Quenxe. Así o asegurou onte José Manuel Piñeiro, presidente da asociación organizadora, en Radio Nordés. Segundo Piñeiro, "a ubicación non cambia de xeito voluntario, senón que é polas mareas. Ao coincidir coa preamar, a única praia disponible é Quenxe. Ten cousas boas, como as medidas de seguridade ou que será máis vistoso porque a xente estará máis cerca". Piñeiro dixo que “se é posible, en vindeiros anos desenvolverase na praia do centro do pobo".
Piñeiro asegurou que xa se está a perfilar todo para que o XI Mercado Medieval de Corcubión funcione correctamente. Tamén se referiu á situación meteorolóxica, desexando un tempo "espectacular" de cara á realización da maioría das actividades.
Preguntado polas expectativas en canto ás visitas que se agardan dende a organización, Piñeiro dixo que "nós expectativa témolas todas e máis ao coincidir o luns festivo. Ademáis vai haber moitas novidades e quero facer un chamamento aos pais, xa que vai haber actividades infantís que nunca antes tiveramos".
Fonte: QPC
Entrada publicada: 19/07/2011
Volver