XX Mercado Medieval Costa da Morte - Corcubión 22-23-24 xullo 2022

Blog

Corcubión prepara o seu maior Mercado Medieval

Corcubión prepara o seu maior Mercado MedievalO undécimo Mercado Medieval de Corcubión, e o primeiro que organiza unha nova asociación, está xa listo. Agora chámase Mercado Medieval da Costa da Morte, é máis barato, e ocupa máis espazo.

Onte os responsables do evento presentaron os detalles. Custará 25.000 euros en total, dos que 14.000 euros iranse para a representación do Desembarco, unha festa teatral que culminará con fogos artificiais e que se celebrará o vindeiro venres, a medianoite, nun escenario novo, a praia de Quenxe, porque as mareas non deixan sitio para facelo na area do centro da localidade.

O novo emprazamento, dixo o presidente da comisión, José Ramón Piñeiro, permitirá ao público ver máis de cerca os acontecementos bélicos entre as tropas de Rodrigo de Lúa e os defensores locais con Gómes de Rioboo á fronte.

Para organizar ben esa batalla colabora coa entidade o actor Toño Casais. Os que queiran participar nela poderán pasarse hoxe, ás nove da noite, polo pavillón polideportivo, onde está convocada unha reunión.

O Desembarco, finalmente, mantense grazas a unha subvención chegada a última hora. O mercado, pola súa banda, amplía as súas fronteiras. Instalarase entre o venres e o domingo preto de 120 postos dos que unha decena serán da localidade. Haberaos tamén de artesáns da comarca, dixo Piñeiro, quen ademais agradeceu a colaboración de Concello, Xunta e Deputación, de empresas como Ferroatlántica e outras que citou, e varias asociacións.

Na presentación Piñeiro estivo acompañado por Talo González, vicepresidente da Asociación Organizadora do Mercado Medieval da Costa da Morte, por Darío Redonda, vocal, José Antonio Louro, concelleiro de Cultura, e polo alcalde, Francisco Javier Lema, quen agradeceu a dedicación desinteresada do grupo de veciños que mantivo viva a cita.

Este ano darase unha especial importancia ás actividades para os máis pequenos. O espazo reservado para eles desprázase desde a praza fronte ao Concello ao Campo do Rolo, onde haberá unha variada oferta para que pasen un bo intre. Ademais, haberá tamén carreiras de cabalos e doma a diario na praia.

Fonte: A Voz de Galicia

Entrada publicada: 20/07/2011

Volver

Patrocinadores

Estrella Galicia Deputación A Coruña
Taberna Mariñeira O Ribeiro
Taberna Mariñeira O Ribeiro
Bar Tío Moncho
Bar Tío Moncho
Marcos Canosa
Marcos Canosa
Panadería Fernández
Panadería Fernández
Café - Bar Alborada
Café - Bar Alborada
Cafetería Pazo
Cafetería Pazo
Pub Dados
Pub Dados
Noacar
Noacar
Autos Caamaño
Autos Caamaño
Restaurante Carrumeiro
Restaurante Carrumeiro
Carnicería Plaza
Carnicería Plaza
Hotel Insua
Hotel Insua
Mar de Crebas
Mar de Crebas
Supermercado Trasmonte
Supermercado Trasmonte
Floristería Toja Electricidad
Floristería Toja Electricidad
Maderas Casais
Maderas Casais
RE 100
RE 100
Chuminadas
Chuminadas
Cubiertas e Impermeabilizaciones J. Fidalgo
Cubiertas e Impermeabilizaciones J. Fidalgo
Carnicería Antelo
Carnicería Antelo
Euronics Cee
Euronics Cee
Aurora Sport
Aurora Sport
Suministros Lar
Suministros Lar
Carnicería Muiño
Carnicería Muiño
Frutería Chelis
Frutería Chelis
Restaurante San Martín
Restaurante San Martín
Pub Gavilla
Pub Gavilla
Pinturas CeeColor
Pinturas CeeColor
Aguas Corcubión – Cee
Aguas Corcubión – Cee
Hotel - Restaurante As Hortensias
Hotel - Restaurante As Hortensias
Perruquería Diana Vilar
Perruquería Diana Vilar
Bar Suiza
Bar Suiza
O Quenxeiro
O Quenxeiro
Casa Bujeiro
Casa Bujeiro
Parrillada - Restaurante A Brasa
Parrillada - Restaurante A Brasa
MT Perruqueiros
MT Perruqueiros
Usamos cookies propias e de terceiros para mostrar publicidade personalizada segundo a súa navegación. Se continua navegando consideramos que acepta o uso de cookies. OK Máis información