XX Mercado Medieval Costa da Morte - Corcubión 22-23-24 xullo 2022

Blog

Corcubión na Baixa Idade Media

Corcubión na Baixa Idade MediaSen ningunha dúbida, os documentos son os gardiáns fieis dos feitos, das datas e dos actos administrativos que labraron o tecido da Historia. E montar hoxe un relato sobre a historia medieval de Corcubión convértese en laborioso pola carencia deses documentos escritos, pola desaparición da maior parte dos testemuños materiais e dunha parte importante da toponimia xurdida durante aquela longa e escura etapa. Contamos con moi pouca información, e menos documental, patrimonial ou arqueolóxica, obrigándonos a construír unha parte substancial do relato a partir de historias acaecidas noutras comunidades contemporáneas, preferentemente de pobos veciños como Fisterra, Cee ou Muxía, que pola súa adscrición ao señorío do Arcebispado de Santiago teñen máis memoria documental que Corcubión, vinculado desde a súa fundación a sucesivos señoríos feudais ata chegar á casa dos Altamira, en poder da cal figuraba -de facto- a finais do século XIV.

Aínda que do primeiro Corcubión non podemos facer crónica, e si soamente achegarnos ao contexto, durante a charla que impartirei mañá na Capela do Pilar percorrerei, metaforicamente falando, dúas corcubiones: o Corcubión primeiro, o das cabanas, canizos e chozas de madeira, pescador, nacido coa pesca e dedicado exclusivamente á pesca do xeito, do cerco, dos cordeleyros e tramalleiros..., rudo e analfabeto, envorcado á ría e medorento das razias normandas e sarracenas, nun percorrido temporal de máis de 200 anos de vida.

E, tamén, o Corcubión capital xurisdiccional, con poder político e pequena aristocracia local, de cargos ou representantes do señorío dos Altamira, amarrados ás rendas da terra e da propiedade urbana; o Corcubión dos presbíteros e curas, o do novo urbanismo coa ampliación da igrexa parroquial sobre 1430 e a construción do palacio dos Altamira e do Hospital de Peregrinos a partir do ano seguinte; o Corcubión residencia de Juana de Castro, o do intercambio comercial clandestino, aínda que débil, por medio do contrabando na ría; o que xa aparece en cartas e portulanos da época, o das palilleiras e redeiras; o Corcubión asaltado, señoreado e saqueado polas hostes de Rodrigo de Lúa... Uns setenta anos que deron fin á Baixa Idade Media.

En fin, falarei de todo o que nos proba que non vimos de fastuosos edificios de escalinatas e mármores importados de Carrara, en Italia -como foi o caso da imaxe do noso querido San Marcos-, nin dispomos de cartas nin manuscritos deixados polos fundadores, pero intentaremos achegarnos a como deberon ser en realidade nosos primeiros pasos, ler entre liñas e preguntarnos: ¿De onde vimos? ¿Quen somos?

Fonte: La Voz de Galicia

Entrada publicada: 12/07/2013

Volver

Patrocinadores

Estrella Galicia Deputación A Coruña
Cafetería Pazo
Cafetería Pazo
Carnicería Antelo
Carnicería Antelo
Casa Bujeiro
Casa Bujeiro
Autos Caamaño
Autos Caamaño
Chuminadas
Chuminadas
Aurora Sport
Aurora Sport
Pub Dados
Pub Dados
Euronics Cee
Euronics Cee
MT Perruqueiros
MT Perruqueiros
Hotel Insua
Hotel Insua
Floristería Toja Electricidad
Floristería Toja Electricidad
Bar Suiza
Bar Suiza
Pub Gavilla
Pub Gavilla
Hotel - Restaurante As Hortensias
Hotel - Restaurante As Hortensias
Taberna Mariñeira O Ribeiro
Taberna Mariñeira O Ribeiro
Perruquería Diana Vilar
Perruquería Diana Vilar
Carnicería Muiño
Carnicería Muiño
Mar de Crebas
Mar de Crebas
Noacar
Noacar
Restaurante San Martín
Restaurante San Martín
Panadería Fernández
Panadería Fernández
Maderas Casais
Maderas Casais
RE 100
RE 100
Restaurante Carrumeiro
Restaurante Carrumeiro
Cubiertas e Impermeabilizaciones J. Fidalgo
Cubiertas e Impermeabilizaciones J. Fidalgo
Frutería Chelis
Frutería Chelis
Parrillada - Restaurante A Brasa
Parrillada - Restaurante A Brasa
Pinturas CeeColor
Pinturas CeeColor
Bar Tío Moncho
Bar Tío Moncho
Carnicería Plaza
Carnicería Plaza
Marcos Canosa
Marcos Canosa
Café - Bar Alborada
Café - Bar Alborada
Aguas Corcubión – Cee
Aguas Corcubión – Cee
Supermercado Trasmonte
Supermercado Trasmonte
Suministros Lar
Suministros Lar
O Quenxeiro
O Quenxeiro
Usamos cookies propias e de terceiros para mostrar publicidade personalizada segundo a súa navegación. Se continua navegando consideramos que acepta o uso de cookies. OK Máis información