XX Mercado Medieval Costa da Morte - Corcubión 22-23-24 xullo 2022

Blog

O Mercado Medieval de Corcubión mantén o seu tirón

O Mercado Medieval de Corcubión mantén o seu tirón

En plena febre medieval, comprobamos que a festa histórica que mellor saúde ten segue a ser o Mercado Medieval de Corcubión. I é que non baixou para nada o ambiente que cada ano, dende hai 13, enche a vila de vida, demostrando que ten un aquel especial que o diferencia.

O máis importante deste Mercado segue a ser o pobo corcubionés. Segue sen estar tan unido como estivo anos atrás, pero segue respondendo facendo de marco ideal para que milleiros de visitantes disfruten dunha vila completamente engalanada. I é que non é o mesmo unha feira só con feirantes, que unha vila enteira disfrazada para a ocasión. E de que xeito, que por Corcubión xa saben que haipouco campesiño e moito señor.

Ademais, notamos este ano unha presencia masiva da xuventude da zona. Poucos fisterráns, ceenses, carnotáns, dumbrieses… perden a festa. Ataviados ou non, achéganse para disfrutar dunha noite diferente ao costume verbeneiro da zona, e iso asegura que esta festa teña futuro.

O Mercado Medieval de Corcubión mantén o seu tirón

Este ano non hou Desembarco, o evento que pon a nota histórica a unha festa sen patria, e que fai que a noite do venres sexa un dos puntos álxidos. A realidade é que nos últimos anos estaba perdendo orixinalidade e non era mala idea darlle un cambio.
No seu lugar a organización artellou un Desfile dando un paso adiante na historia. Se o Desembarco representaba a batalla do pobo corcubionés ante a invasión das tropas do Arzebispo, e que remataba coa vitoria do pobo local pero ca morte do heroe Gomes de Rioboo, o Desfile representaba precisamente a procesión do seu cadaleito ata entregarllo á Doña Juana de Castro.

O problema é que ninguén se enterou do conto. O desfile foi bastante numeroso, con moitos veciños, malos fachos, toda a comitiva da festa (músicos, bailaríns, cabaleiros nos seus cabalos…) e mesmo un gran barco que perdeu protagonismo ao viaxar na cola da procesión. Á chegada á Praza, entrega silenciosa do corpo do heroe local e inzado do pendón, outro dos momentos máis emotivos. Vamos, que cómpre aínda darlle unha volta para seguir mellorando.

O Mercado Medieval de Corcubión mantén o seu tirón

O Mercado Medieval de Corcubión mantén o seu tirón

Pero unha das cousas que si fai deste Mercado unha festa continua é a cantidade de actuacións de teatro e de música que ten. Son musiqueiros en Corcubión, e nótase. E voltaban ademais un dos máis agardados. Acibreira, levaban un par de anos sen vir e Corcubión respondeu con aplausos e bailes.
Estiveron tamén moi bravos os Wyrdamur, e os que sorprenderon gratamente foron os portugueses de Cornalusa, que seguro que volven. O feito de tocar no escenario tamén parece algo estrano para estas bandas de pasarrúas, pero tamén permitiu que tocasen para toda a praza.

O Mercado Medieval de Corcubión mantén o seu tirón

E que dicir do Fauno, un dos que gañan o soldo a base de festa, humor e alegría. Xa un elemento imprescindible en Corcubión.

O Mercado Medieval de Corcubión mantén o seu tirón

O Mercado Medieval de Corcubión mantén o seu tirón

Tamén houbo postos de todo, dos que compre destacar o canteiro e o ferreiro como os máis auténticos. Pero lamentamos non ver máis postos da zona. Apenas un par de bravos ceenses que traballan o coiro puidéronse colar entre os postos que trae a empresa organizadora, Fusión Medieval, e pensamos que aí debería haber unha discriminación positiva para os feirantes da zona.

Entre todos, convertiron o Mercado nun fervedoiro, cun sábado completamente ateigado de xente dende as 20:00h e sen parada ata ben entrada a madrugada. Parece que este Mercado non decae.

Fonte: QPC

Entrada publicada: 22/07/2013

Volver

Patrocinadores

Estrella Galicia Deputación A Coruña
Casa Bujeiro
Casa Bujeiro
Pub Gavilla
Pub Gavilla
Chuminadas
Chuminadas
Taberna Mariñeira O Ribeiro
Taberna Mariñeira O Ribeiro
Carnicería Plaza
Carnicería Plaza
Euronics Cee
Euronics Cee
MT Perruqueiros
MT Perruqueiros
Noacar
Noacar
Parrillada - Restaurante A Brasa
Parrillada - Restaurante A Brasa
Panadería Fernández
Panadería Fernández
Bar Tío Moncho
Bar Tío Moncho
Carnicería Antelo
Carnicería Antelo
Pub Dados
Pub Dados
Floristería Toja Electricidad
Floristería Toja Electricidad
Marcos Canosa
Marcos Canosa
Café - Bar Alborada
Café - Bar Alborada
Supermercado Trasmonte
Supermercado Trasmonte
Frutería Chelis
Frutería Chelis
Carnicería Muiño
Carnicería Muiño
Aguas Corcubión – Cee
Aguas Corcubión – Cee
Restaurante Carrumeiro
Restaurante Carrumeiro
RE 100
RE 100
Cafetería Pazo
Cafetería Pazo
Mar de Crebas
Mar de Crebas
Maderas Casais
Maderas Casais
Cubiertas e Impermeabilizaciones J. Fidalgo
Cubiertas e Impermeabilizaciones J. Fidalgo
Perruquería Diana Vilar
Perruquería Diana Vilar
O Quenxeiro
O Quenxeiro
Aurora Sport
Aurora Sport
Restaurante San Martín
Restaurante San Martín
Bar Suiza
Bar Suiza
Pinturas CeeColor
Pinturas CeeColor
Hotel Insua
Hotel Insua
Hotel - Restaurante As Hortensias
Hotel - Restaurante As Hortensias
Suministros Lar
Suministros Lar
Autos Caamaño
Autos Caamaño
Usamos cookies propias e de terceiros para mostrar publicidade personalizada segundo a súa navegación. Se continua navegando consideramos que acepta o uso de cookies. OK Máis información