Blog
O Mercado Medieval de Corcubión xa ten datas
Non perde tirón o Mercado Medieval Costa da Morte. Así que a XIV edición da festa histórica corcubionesa non descansa. Xa anda a Comisión organizadora sentando as bases para preparar a festa deste 2014. Unha festa que outro ano máis organizará a empresa de eventos históricos “Fusión Medieval”.
Á espera de terminar de desarrollar o programa, xa temos datas fixadas, e estas serán os venres 18, sábado 19 e domingo 20 de xullo de 2014.
Xa nos anticipan que este ano volverán visitarnos varios grupos que triunfaron nso últimos na vila corcubionesa, como o espectacular grupo Wyrdamur, a gran sorpresa do ano pasado o grupo portugués Cornalusa e o grupo Alfolk.
Seguiremos avanzando novidades.
Fonte: QPC
Entrada publicada: 22/01/2014
Volver