Blog
O mercado medieval de Corcubión xa toma forma
Comeza a configurarse o programa do Mercado Medieval Costa da Morte de Corcubión, que se celebrará os días 18, 19 e 20 de xullo. A asociación que organiza a feira, presidida por José Ramón Piñeiro, reuniuse o pasado martes. Xa confirmaron que o grupo murciano de gaita e percusión Wyrdamur, que deixou unha gran impresión na festa, volverá este ano á vila, na que será a décimo cuarta edición dos festexos. Tamén repetirá a banda Cornalusa, procedente de Portugal. Haberá espazo ademais para os ritmos andalusís co grupo Ao-folk.
Fuente: A Voz de Galicia
Entrada publicada: 23/01/2014
Volver