Blog
Máis música e teatro para o Mercado Medieval corcubionés
O Concello de Corcubión acolleu onte pola noite a presentación do Mercado Medieval con maior historia e máis representativo da Costa da Morte. Unha cita que se celebrará entre os días 18 e 20 de xullo e que este ano vén cunha aposta redobrada polo teatro na rúa e a música. Concretamente, a maiores da programación habitual, que non deixa unha hora do día sen actos, o venres e o sábado haberá concertos na zona da igrexa con clara inspiración medieval
Así explícao o concelleiro de Cultura, José Antonio Louro, que estivo na presentación co tenente de alcalde, Manuel Insua, e a rexedora de Cee, Zaira Rodríguez, en calidade de deputada provincial, ademais os membros da asociación do Mercado e a empresa organizadora.
No acto, tamén se deu a coñecer o cartel, con reminiscencias literarias, e a nova web www.mercadomedieval.info que inclúe o programa e todos os detalles da celebración.
Fonte: A Voz de Galicia & Imaxe: Darío Fotografía
Entrada publicada: 05/06/2014
Volver