Blog
Debe de haber sete ou oito anos que non poño unha tixola ao lume
Corcubión xa comeza a transformarse nunha vila medieval de cara ao Mercado que se celebra a vindeira fin de semana. Este ano cumpre catorce edicións. Música, teatro, arte, exhibicións, actividades, infantís, degustacións e moita diversión encherán o casco histórico da vila dende o venres 18 ata o domingo 20. José Ramón Piñeiro é o presidente da asociación que organiza o mercado.
¿Verbena ou foliada?
Foliada.
¿En que concello naufragou o barco Serpent?
Carnota... ¡Ai, espera, que me estou confundindo de concello!
¿Mar ou río?
Eu son de mar.
¿Quen foi Bernal Eans de Moscoso?
Debía de ser familiar dos Moscoso de aquí da comarca.
¿Sendeirismo ou tirarse ao sol?
Eu case prefiro deitarme ao sol.
¿Quen escribiu Queixumes dos pinos?
...
Completa a frase: "As nenas de Camariñas..."
Sei cal é a canción, pero non lembro a letra exacta. Lavan no río... Ou algo así.
¿Praia téxtil ou nudista?
É unha pregunta complicada, pero vou ser conservador, eu son de praia téxtil.
¿Onde naceu Alfredo Brañas?
En Santiago.
¿Churrascada ou sardiñada?
É outra cuestión difícil. Poderíame decantar por calquera das dúas. Pero sendo de mar, prefiro unha churrascada.
¿Quen pronunciou a frase "As pedras son pedras"?
Debeu de ser o meu avó.
¿Cal é o punto máis occidental da Costa da Morte?
Touriñán.
¿En que país estivo emigrado Fernando Blanco?
Aí me pillaches... Debeu de estar na Arxentina. Ou Cuba.
¿Inverno ou verán?
Verán sempre.
¿Canto tempo hai que non pon unha tixola ao lume?
Igual hai sete ou oito anos.
¿Lagostino ou cigala?
A min gústanme máis os lagostinos.
¿Quen inventou o futbolín?
Foi un homiño de aquí de Fisterra ao que igual non se lle recoñeceu como debería o seu traballo.
¿Que libro está lendo?
Agora mesmo ningún. Pero o último foi Prométeme que serás libre, de Jorge Molist.
¿Onde prefire rematar o Camiño? ¿En Fisterra ou en Muxía?
Son oriúndo de Sardiñeiro e vivín moito tempo alí. Para min o Camiño remata en Fisterra.
Fonte: La Voz de Galicia
Entrada publicada: 11/07/2014
Volver