Blog
Grupos de música que impactaron e volven este ano

José Ramón Piñeiro, presidente da entidade organizadora, explicou en Radio Voz Bergantiños que este ano volven a Corcubión grupos de música que, xa na anterior edición, "causaron un grande impacto no pobo". É por iso que, practicamente desde aquel momento, apalabrouse a súa volta á localidade. Un deles é Wyrdamur, que sorprenderá con música en diversos momentos, pero especificamente cun concerto de palco mañá ás 02.00 horas. Outro é Cornalusa, formación chegada desde o veciño Portugal que precederá ao grupo anterior, tamén mañá (00.30 horas). Así mesmo, intervirá en distintos momentos dos tres días. Tanto Wyrdamur como Cornalusa teñen un merecido espazo no panorama nacional, aínda que non menos atención merece Al-folk, xa moi coñecido pola calidade dos seus espectáculos de música andalusí, con bailarina incluída.
Fonte: La Voz de Galicia
Entrada publicada: 18/07/2014
Volver