XX Mercado Medieval Costa da Morte - Corcubión 22-23-24 xullo 2022

Blog

A choiva bota por terra o arranque da cita do ano para Corcubión

A choiva bota por terra o arranque da cita do ano para Corcubión

Non puido chegar en peor momento. Justo ao fío das cinco da tarde, cando ía empezar a desatarse a xolda en todo o centro histórico de Corcubión, empezou a chover, de forma intensa por momentos e persistente ata chegada a noite. Ante iso o gran teatro que supón o Mercado Medieval, co inmellorable pano de fondo que é o propio Corcubión, virou en tinguiduras de traxedia. Incluso as bandeirolas que anunciaban a festa nas entradas do pobo sobre a estrada de Fisterra, empezaron a retorcerse e pegáronse aos farois, como mal preludio dunha tarde aciaga.

Xa no corazón do pobo, o panorama non era moito mellor. Pequenos grupos buscaban refuxio baixo as lonas dos feirantes, mentres estes afanábanse en levantar periodicamente os toldos para facer escorregar a auga e evitar que se coase dentro.

Aínda que os postos comerciais están razoablemente ben protexidos e podíanse admirar en parte as exposicións, a gran vítima foron os espectáculos, polo o Mercado Medieval de Corcubión, emblema da comarca e a festa máis concorrida da localidade, está pensado para facerse na rúa. Para que os artistas se mesturen co público e deixen fluír o seu talento, mentres a xente tómase unha cervexa ou come algo sobre a marcha. Evidentemente a choiva golpea de cheo no corazón deste tipo de ambiente e a sensación onte pola tarde non podía ser peor, de non ser polas esperanzas que aínda se albergaban para que a noite levantase un pouco o que empezou mal polo día.

A pesar das adversidades e ao inmenso traballo dos organizadores que podería vir ao traste, aínda queda moito Mercado, un máis que intenso programa con actuacións cada 15 minutos e decenas de postos repartidos pola localidade, con todo tipo de produtos desde un prato de comida quente á artesanía máis auténtica. Así que, a pouco axude o tempo, a festa seguirá.

Fonte: La Voz de Galicia

Entrada publicada: 19/07/2014

Volver

Patrocinadores

Estrella Galicia Deputación A Coruña
Panadería Fernández
Panadería Fernández
Hotel Insua
Hotel Insua
Bar Suiza
Bar Suiza
Aguas Corcubión – Cee
Aguas Corcubión – Cee
Aurora Sport
Aurora Sport
Floristería Toja Electricidad
Floristería Toja Electricidad
Cubiertas e Impermeabilizaciones J. Fidalgo
Cubiertas e Impermeabilizaciones J. Fidalgo
MT Perruqueiros
MT Perruqueiros
Bar Tío Moncho
Bar Tío Moncho
Marcos Canosa
Marcos Canosa
Autos Caamaño
Autos Caamaño
Taberna Mariñeira O Ribeiro
Taberna Mariñeira O Ribeiro
Hotel - Restaurante As Hortensias
Hotel - Restaurante As Hortensias
Supermercado Trasmonte
Supermercado Trasmonte
Parrillada - Restaurante A Brasa
Parrillada - Restaurante A Brasa
O Quenxeiro
O Quenxeiro
Chuminadas
Chuminadas
Carnicería Muiño
Carnicería Muiño
Mar de Crebas
Mar de Crebas
RE 100
RE 100
Maderas Casais
Maderas Casais
Cafetería Pazo
Cafetería Pazo
Noacar
Noacar
Restaurante San Martín
Restaurante San Martín
Carnicería Plaza
Carnicería Plaza
Casa Bujeiro
Casa Bujeiro
Pub Dados
Pub Dados
Restaurante Carrumeiro
Restaurante Carrumeiro
Perruquería Diana Vilar
Perruquería Diana Vilar
Carnicería Antelo
Carnicería Antelo
Frutería Chelis
Frutería Chelis
Pub Gavilla
Pub Gavilla
Pinturas CeeColor
Pinturas CeeColor
Café - Bar Alborada
Café - Bar Alborada
Euronics Cee
Euronics Cee
Suministros Lar
Suministros Lar
Usamos cookies propias e de terceiros para mostrar publicidade personalizada segundo a súa navegación. Se continua navegando consideramos que acepta o uso de cookies. OK Máis información