Blog
O Mercado Medieval corcubionés bota o peche con éxito de público

O Mercado Medieval de Corcubión botou onte o peche. E fíxoo ao grande, co arriado do pendón maior. Como vén sendo habitual edición tras edición, coas rúas cheas de turistas, veciños e curiosos ansiosos de gozar dunha das festas máis importantes que se celebran na Costa da Morte durante o verán. A xornada de clausura tivo como protagonista ao sol. E é que despois de día e medio pasado por auga, a calor e o bo tempo regresaron a Corcubión Os asiduos ao Mercado Medieval deixaron os chuvasqueiros e os paraugas en casas e coches e optaron polos disfraces.
Dar un paseo onte polas rúas da vila era como facelo en Invernalia ou Desembarco do Rey , os famosos reinos de sériea Xogos de tronos. A animación foi unha constante desde as once da mañá, cando comezaron os actos do día. Entre as actividades programadas para onte, as exhibicións de cetrería foron das máis vistosas e multitudinarias. Os monicreques, as danzas orientais e os concertos en plena rúa, nos que triunfaron grupos como Wyrdamur, Al-folk ou Cornalusa, tamén deron colorido á zona antiga de Corcubión. Se algo hai que destacar desta edición do Mercado Medieval foi a gran cantidade de iniciativas que se levaron a cabo durante todo o fin de semana.
Esta iniciativa arrincou o venres con escaso movemento por culpa das intensas choivas rexistradas, que ameazaron con botar por terra o traballo deseñado desde hai semanas. A auga tamén afectou ao arranque da xornada o sábado, aínda que co paso das horas o sol foise impondo e con el, a chegada dos turistas e os visitantes.
Pero a do domingo foi, sen dúbida, a de máis afluencia de público. Por momentos era imposible transitar polas estreitas ruelas da vila.
Fonte: La Voz de Galicia
Entrada publicada: 21/07/2014
Volver