XX Mercado Medieval Costa da Morte - Corcubión 22-23-24 xullo 2022

Blog

Corcubión demostra que o seu Mercado Medieval é único

Corcubión demostra que o seu Mercado Medieval é único

Poida que os espectáculos rueiros do venres non fosen tan potentes como os doutros anos, como se queixaban os máis asiduos, e que o Desembarco das tropas do arcebispo Rodrigo de Lúa brillase máis cando tiña protagonistas locais, pero os corcubioneses volveron demostrar que o seu Mercado Medieval está a outro nivel.

Aínda cos clichés típicos e as patadas históricas que a estas alturas xa non sorprenden a ninguén en celebracións deste tipo, a festa logrou meterse na vila e os participantes locais na festa, ata o punto de que, tanto como os artistas, foron protagonistas os propios veciños, vestidos para a ocasión e caracterizados en boa medida, especialmente durante a xornada do sábado.

A proliferación de espectáculos en calquera esquina cada cuarto de hora fixo que, máis que asistir a unha representación, a xente formase parte dela, que é o que produce a verdadeira maxia desta festa, a falta de distinción entre gozar dun churrasco ou presenciar unha obra de teatro.

Todos os anos hai protagonistas especiais e, no caso de Corcubión, os que se gañaron un posto fixo entre os destacados da parte musical son os portugueses de Cornalusa, que volveron triunfar tanto en concerto como nas actuacións case improvisados. Xunto a eles, no compoñente máis visual, as fotos e a atención prioritaria de todos lla levou un saltimbanqui facendo piruetas imposibles sobre unha gran pelota de goma.

En calquera caso, resulta difícil e seguramente inxusto destacar a ninguén, porque o Mercado Medieval tivo de todo: teatro, monicreques, música, demostracións de cetrería, trapecistas, malabarismos, circo e, tanto comida como bebida por todas as esquinas, con receitas revestidas dese carácter propio destas festas.

O que si foi verdadeiro protagonista, e artífice de que probablemente esta edición número 15 fose das máis concorridas, foi o tempo, porque a climatoloxía non puido axudar máis durante o fin de semana. De feito, incluso as mareas propiciaron que o espectáculo de doma ecuestre, o máis aparatoso, puidésese desenvolver na praia do corazón do pobo.

Para coroalo todo, e á espera doutra xornada para hoxe, a guinda puxérona os dificilmente clasificables faunas de Errantes, un dos pratos fortes.

Hoxe é o último dos tres días do Mercado Medieval de Corcubión. A partir das 11.00 da mañá ferverá xa a vila en actividade, con músicos e malabaristas percorrendo as rúas desde o primeiro momento. A primeira exhibición de voo está programada para as 11.45 horas (é un dos espectáculos con máis reclamo) e, ás 12.00, os visitantes poderán ver unha das actuacións que desde o festival apuntaron como particularmente representativas: Barberían Pipe Band, formación alemá que inclúe gaita dobre. A actividade seguirá durante todo o día, constantemente e acotío, tamén con espazo para os máis pequenos, aínda que cun descanso á hora para comer (desde as 14.30 e ata as 18.00, máis ou menos). O fin de cita chegará coa media noite, coa Arriada do Pendón Maior e o peche do mercado. A maiores dos espectáculos, a vila presentarse para pasear entre os numerosos postos.

Fonte: A Voz de Galicia

Entrada publicada: 26/07/2015

Volver

Patrocinadores

Estrella Galicia Deputación A Coruña
Café - Bar Alborada
Café - Bar Alborada
MT Perruqueiros
MT Perruqueiros
Restaurante Carrumeiro
Restaurante Carrumeiro
Supermercado Trasmonte
Supermercado Trasmonte
O Quenxeiro
O Quenxeiro
Panadería Fernández
Panadería Fernández
Hotel Insua
Hotel Insua
Parrillada - Restaurante A Brasa
Parrillada - Restaurante A Brasa
Suministros Lar
Suministros Lar
Pub Dados
Pub Dados
Pub Gavilla
Pub Gavilla
Restaurante San Martín
Restaurante San Martín
Casa Bujeiro
Casa Bujeiro
Carnicería Antelo
Carnicería Antelo
Pinturas CeeColor
Pinturas CeeColor
Marcos Canosa
Marcos Canosa
Carnicería Plaza
Carnicería Plaza
Frutería Chelis
Frutería Chelis
Chuminadas
Chuminadas
Hotel - Restaurante As Hortensias
Hotel - Restaurante As Hortensias
Carnicería Muiño
Carnicería Muiño
Mar de Crebas
Mar de Crebas
Cubiertas e Impermeabilizaciones J. Fidalgo
Cubiertas e Impermeabilizaciones J. Fidalgo
RE 100
RE 100
Bar Tío Moncho
Bar Tío Moncho
Noacar
Noacar
Perruquería Diana Vilar
Perruquería Diana Vilar
Cafetería Pazo
Cafetería Pazo
Bar Suiza
Bar Suiza
Maderas Casais
Maderas Casais
Floristería Toja Electricidad
Floristería Toja Electricidad
Aguas Corcubión – Cee
Aguas Corcubión – Cee
Taberna Mariñeira O Ribeiro
Taberna Mariñeira O Ribeiro
Aurora Sport
Aurora Sport
Euronics Cee
Euronics Cee
Autos Caamaño
Autos Caamaño
Usamos cookies propias e de terceiros para mostrar publicidade personalizada segundo a súa navegación. Se continua navegando consideramos que acepta o uso de cookies. OK Máis información