XX Mercado Medieval Costa da Morte - Corcubión 22-23-24 xullo 2022

Blog

O éxito do Mercado Medieval coroa o verán de Corcubión

El éxito del Mercado Medieval corona el verano de Corcubión

O venres, sobre todo durante o desembarco, foi un aluvión de xente; o sábado a afluencia atrasouse un pouco pola competencia das praias pero acabou enchéndose ata os topes e onte, cando a choiva da mañá apuntaba a fracaso como na edición do 2014, o ceo empezou a abrirse segundo avanzaba a tarde e permitiu completar unha das edicións máis exitosas do Mercado Medieval de Corcubión, que cumpría 15 anos e mantén o nivel.

Ese éxito en termos económicos medíase, por exemplo, en que onte xa non quedaban cochinillos e o dono do asador sorprendíase de «como o come aquí a xente a pesar de non ser típico», ou en que na carta do posto dos cócteles a media tarde a maioría estaban tachados porque xa non había determinadas subministracións. En cambio, nos postos de artesanía a resposta era máis desigual, porque influía moito a localización, as novidades e as tendencias preferidas pola xente, pero, en xeral, a sensación dos comerciantes era de satisfacción cos resultados.

Tamén se declaraba «moi contento por como saíu todo» o presidente a asociación organizadora, José Ramón Piñeiro, para quen, a pesar da competencia doutras moitas festas, «hai moi poucos sitios que teñan a variedade e cantidade de espectáculos de Corcubión».

Para el, persoalmente, o máis importante é a «recuperación do Desembarco» porque se trata de «o feito histórico que hai que manter e coidar», xa que lle dá sentido ao resto, e a aposta da comisión: «Os 15 abandeirados italianos que trouxemos dende A Coruña case en segredo porque eran a nosa sorpresa». Un grupo que percorre o mundo enteiro e que de Corcubión puxo rumbo a Noruega .

Tamén destaca Piñeiro, como todos os asistentes, o impacto que tivo Troula con Errantes, porque a súa potencia de son, pirotecnia e sobre todo a caracterización convertéronos nun grupo impoñente, que verdadeiramente transmitía medo e un poder escénico imparable.

Así, coas demostracións ecuestres na praia e o magnífico pano de fondo que é todo o centro histórico de Corcubión, ambientado non só polo artistas, senón polos propios veciños e visitantes vestidos de época, o resultado non se pode cualificar máis que en sentido positivo.

Pégalas puxéronllas os máis asiduos ao Desembarco, porque consideran que, aínda que estivo repleto de público, habería que traballar máis a interpretación de cara ao futuro.

En calquera caso, resulta moi difícil atopar a alguén que fose ao Mercado Medieval con tempo para gozalo e que non se fose de Corcubión coa idea de ter participado nunha gran festa na que, sen ningunha dúbida, hai que repetir.

[Ver a galería de fotografías do inicio do XV Mercado Medieval aquí] | [Ver a galería de fotografías durante o XV Mercado Medieval aquí]

Fonte: A Voz de Galicia e fotografías by Marcos Rodríguez

Entrada publicada: 27/07/2015

Volver

Patrocinadores

Estrella Galicia Deputación A Coruña
Suministros Lar
Suministros Lar
Maderas Casais
Maderas Casais
Taberna Mariñeira O Ribeiro
Taberna Mariñeira O Ribeiro
Pub Gavilla
Pub Gavilla
Panadería Fernández
Panadería Fernández
Carnicería Antelo
Carnicería Antelo
Autos Caamaño
Autos Caamaño
Restaurante San Martín
Restaurante San Martín
Noacar
Noacar
Chuminadas
Chuminadas
Frutería Chelis
Frutería Chelis
RE 100
RE 100
Mar de Crebas
Mar de Crebas
Cubiertas e Impermeabilizaciones J. Fidalgo
Cubiertas e Impermeabilizaciones J. Fidalgo
Bar Suiza
Bar Suiza
Euronics Cee
Euronics Cee
Pinturas CeeColor
Pinturas CeeColor
Restaurante Carrumeiro
Restaurante Carrumeiro
Aguas Corcubión – Cee
Aguas Corcubión – Cee
Supermercado Trasmonte
Supermercado Trasmonte
Carnicería Muiño
Carnicería Muiño
Aurora Sport
Aurora Sport
Floristería Toja Electricidad
Floristería Toja Electricidad
Hotel Insua
Hotel Insua
Café - Bar Alborada
Café - Bar Alborada
MT Perruqueiros
MT Perruqueiros
Pub Dados
Pub Dados
Cafetería Pazo
Cafetería Pazo
Parrillada - Restaurante A Brasa
Parrillada - Restaurante A Brasa
Hotel - Restaurante As Hortensias
Hotel - Restaurante As Hortensias
Carnicería Plaza
Carnicería Plaza
Marcos Canosa
Marcos Canosa
O Quenxeiro
O Quenxeiro
Perruquería Diana Vilar
Perruquería Diana Vilar
Casa Bujeiro
Casa Bujeiro
Bar Tío Moncho
Bar Tío Moncho
Usamos cookies propias e de terceiros para mostrar publicidade personalizada segundo a súa navegación. Se continua navegando consideramos que acepta o uso de cookies. OK Máis información