Blog
O Mercado Medieval deste ano, un dos máis «fortes», segundo a organización da cita
Sen apenas tempo para saborear os éxitos deste ano, a asociación organizadora do Mercado Medieval xa tivo a súa primeira reunión para comezar a planear a cita do ano que vén. Pero tamén para valorar esta pasada edición, que aseguran foi unha das «máis fortes» dos últimos anos, e incluso de toda a historia da celebración.
Sinalan como claves do éxito a contratación dunha nova empresa xestora do Mercado, Rivendel, así como o gran escaparate que supuxo a volta do desembarco, recreado tanto por actores profesionais como por veciños da propia localidade e arredores.
Agradecen, ademais, o apoio que recibiron por parte do comercio local, dos empresarios da zona e tamén das institucións públicas, «que coa súa colaboración fan posible o desenvolvemento deste evento, que é xa unha referencia na nosa comunidade autónoma», explican.
Fonte: La Voz de Galicia
Entrada publicada: 01/08/2018
Volver