Blog
Reunión e acordo entre representantes da Asociación Organizadora do Mercado Medieval Costa da Morte e Rivendel
A asociación organizadora do Mercado Medieval Costa da Morte de Corcubión, reuniuse por segunda vez no que vai de ano, este mes de xaneiro do recentemente comezado 2019. Os membros da organización que continúan traballando desde o mesmo día que finalizou a pasada edición, reuníronse esta semana co representante da empresa Rivendel, xestora do Mercado. O encontro, que tivo lugar na sede da asociación organizadora, e tras valorar o bo traballo realizado pola mesma na pasada edición, serviu como base para establecer un acordo entre ambas as partes para a organización do XIX mercado. O próximo mercado terá lugar nas datas do 19, 20 e 21 de xullo do presente ano 2019.
A contratación de Rivendel pretende consolidar, potenciar, realzar e dar continuidade á cita, coa pretensión de obter unha afluencia superior de público á pasada edición; mantendo viva a chama do mercado como unha cita ineludible e un escaparate incomparable; cun marco xeográfico histórico e cultural como Corcubión, único na Costa da Morte.
Fonte: Asociación Organizadora del Mercado Medieval Costa da Morte
Entrada publicada: 30/01/2019
Volver