XX Mercado Medieval Costa da Morte - Corcubión 24-25-26 xullo 2020

Blog

Corcubión empeza a conta atrás para o seu Mercado Medieval

Corcubión empeza a conta atrás para o seu Mercado Medieval

Cetrería, talleres de oficios diversos, teatro de rúa, música en vivo, concertos, espectáculos teatrais de gran formato, un espazo para os nenos... Haberá de todo iso na 19.ª edición do Mercado Medieval Costa da Morte, en Corcubión, que volverá celebrarse, como sempre, no penúltimo fin de semana do mes de xullo, do 19 ao 21.Onte foi presentado na Capela do Pilar , onde o alcalde, Manuel Insua, quen desculpou a ausencia do edil Louro, agradeceu sinceramente o traballo da asociación organizadora: "Estades activos os 12 meses do ano". Co vinte aniversario chamando á porta, o mandatario avanzou a idea de chegar a consolidar o encontro como referente nacional, de forma que poida accederse a outro nivel de axudas.

Ademais da colaboración municipal, a Deputación e Estrella Galicia son patrocinadores capitais para poder levar a cabo unha nova edición do Mercado, así que para eles foron agradecementos do rexedor e tamén do presidente da Asociación Organizadora do Mercado Medieval Costa da Morte, José R. Piñeiro. "Pouco podemos contar xa cando chegamos aos niveis que chegamos aquí neste recuncho da Costa da Morte, bonito, pero pequeno", afirmou. Neste sentido, da man da empresa Rivendel e de Hípica Celta , será un mercado "continuísta", na liña do pasado ano. O grupo de teatro Farándula Velutina colaborará na Recreación do Desembarco das tropas do Arcebispo De Lúa (ano 1457), prevista na Praia de Quenxe para as 22.30 do venres 19.

Tamén Piñeiro mostrouse expectante polos 20 anos e pediu un esforzo máis grande aos negocios locais; aos veciños, sumando mans; e ao propio Concello. Aseverou que Corcubión non pode permitirse o luxo de perder unha cita como esta, "algo único na Costa da Morte", e agradeceu así mesmo a colaboración do fotógrafo Jorge Parri, que cede as imaxes para a cartelería: "A túa lealdade mantense co paso dos anos".

Fonte: A Voz de Galicia

Entrada publicada: 28/06/2019

Volver

Patrocinadores

Estrella Galicia Deputación A Coruña
Hotel - Restaurante As Hortensias
Hotel - Restaurante As Hortensias
Frutería Chelis
Frutería Chelis
Restaurante San Martín
Restaurante San Martín
Aurora Sport
Aurora Sport
Café - Bar Alborada
Café - Bar Alborada
Bar Suiza
Bar Suiza
Bar Tío Moncho
Bar Tío Moncho
Parrillada - Restaurante A Brasa
Parrillada - Restaurante A Brasa
Carnicería Antelo
Carnicería Antelo
Panadería Fernández
Panadería Fernández
Chuminadas
Chuminadas
Cubiertas e Impermeabilizaciones J. Fidalgo
Cubiertas e Impermeabilizaciones J. Fidalgo
MT Perruqueiros
MT Perruqueiros
Marcos Canosa
Marcos Canosa
Carnicería Muiño
Carnicería Muiño
Pinturas CeeColor
Pinturas CeeColor
Perruquería Diana Vilar
Perruquería Diana Vilar
Supermercado Trasmonte
Supermercado Trasmonte
Carnicería Plaza
Carnicería Plaza
Euronics Cee
Euronics Cee
Pub Gavilla
Pub Gavilla
Cafetería Pazo
Cafetería Pazo
Maderas Casais
Maderas Casais
Taberna Mariñeira O Ribeiro
Taberna Mariñeira O Ribeiro
Pub Dados
Pub Dados
Autos Caamaño
Autos Caamaño
Suministros Lar
Suministros Lar
RE 100
RE 100
Floristería Toja Electricidad
Floristería Toja Electricidad
Restaurante Carrumeiro
Restaurante Carrumeiro
Mar de Crebas
Mar de Crebas
Hotel Insua
Hotel Insua
Aguas Corcubión – Cee
Aguas Corcubión – Cee
Noacar
Noacar
O Quenxeiro
O Quenxeiro
Casa Bujeiro
Casa Bujeiro
Usamos cookies propias e de terceiros para mostrar publicidade personalizada segundo a súa navegación. Se continua navegando consideramos que acepta o uso de cookies. OK Máis información