Blog
Corcubión prepárase para unha fin de semana de festa no Mercado Medieval
Pasacalles, cetrería, talleres infantís e música apoderaranse de Corcubión esta fin de semana. Será a décimo novena edición do Mercado Medieval de Corcubión, que arrinca este venres 19 de xullo ás 17:00 horas coa apertura do mercado e terminará a noite do domingo, 21 de xullo, con concertos e o arriado do pendón maior.
Unha cita que se consolida no calendario das festas de verán da Costa da Morte, nas que Corcubión enteiro envórcase con máis dun centenar de postos con gastronomía e artesanía e numerosos espectáculos que tomarán as rúas do seu casco antigo, declarado conxunto histórico artístico.
Recreación do desembarco das tropas de Rodrigo de Luna
Uno dos momentos máis esperados será a recreación do desembarco das tropas de Rodrigo de Luna, para o que os veciños de Corcubión que participarán levan preparando desde hai unhas semanas.
Un ano máis, a praia de Quenxe será o escenario para recrear o momento en que en 1457, o arcebispo Rodrigo de Luna tentou conquistar o pobo aproveitando a ausencia do gobernante, don Rodrigo de Moscoso.
Será ás 22:30 o venres 19 de xullo, e o grupo de teatro Farándula Velutina participará na representación do histórico momento.
Música e pasacalles
Non faltarán actuacións musicais. O grupo Gálata levará a música folk polas rúas de Corcubión o venres ás 18:45 e repetirán o seu espectáculo " Chegados de outras terras" tamén o venres, a medianoite.
O domingo ás 23:30 serán unha das formacións musicais encargadas de pechar coa súa actuación unha fin de semana no que Corcubión trasladarase ao século XV.
Fonte: El Español
Tamén haberá música andalusí a cargo de Treefolk e outra vez volverá ás rúas de Corcubión, Antón Coto Valladares, O Fauno, co espectáculo A Frauta de Pan.
Cetrería e espectáculos circenses
O grupo Human non Limits levarán varios espectáculos circenses e de danza a Corcubión. Por exemplo, o venres ás 23:00 terá lugar o número "Nómades do vento", xusto antes do izado do pendón maior.
As exhibicións de cetrería terán lugar o venres ás 18:15 e ás 20:15, o sábado ás 12:00 h, ás 18:15 e ás 20:15, e co mesmo horario que o sábado os espectáculos de cetrería repetiranse o domingo.
Entrada publicada: 19/07/2019
Volver