Blog
Veña Rioboo, veña, dálle
Onte aínda resoaban os ecos do espectacular Desembarco do venres, probablemente o máis multitudinario e tamén exitoso en canto a composición escénica dos últimos anos. Superou incluso ao da edición do 2018, no que a expectación era máxima coa volta á praia de Quenxe do histórico combate dos corcubioneses para defender a vila do ataque das tropas do arcebispo Rodrigo de Lúa. «Veña Rioboo, veña, dálle» e «Rioboo, Rioboo, Rioboo», as arengas á representación da compañía Farándula Velutina cos especialistas de Hípica Celta , convertéronse en practicamente un himno, co pobo e miles de visitantes envorcados en torno ao ring de lume no que se desenvolvía o acto central do Desembarco.
Onte a máis dun custoulle levantarse, pero á hora do vermú as rúas da vila xa volvían ser un fervedoiro. O día non puido presentarse máis óptimo, incluso sobraba algo de sol por momentos, co que os postos de artesanía e, sobre todo, os de comida funcionaron a pleno rendemento no medio dun escenario que era todo Corcubión con espectáculos en calquera esquina. Humor, teatro, números de circo e moita música foron o menú fundamental, co colofón nocturno xa en modo concerto e coa vista posta en hoxe para gozar do que queda.
Fonte: A Voz de Galicia
Entrada publicada: 21/07/2019
Volver