Cómo chegar
Se desexa buscar unha ruta dende un sitio determinado, utiliza este recadro:
Cómo chegar desde A Coruña.
Pola autoestrada AG-55 ou pola estrada C-552 que une A Coruña con Fisterra. Corcubión está a 96 quilómetros de A Coruña.
Duración do traxecto de A Coruña a Corcubión: 1 hora e 20 minutos aproximadamente.
Cómo chegar desde Santiago.
O camiño máis curto é pola AC-544 pasando por Negreira, logo cruzamento de A Pereira, chegamos a Berdoias onde se alcanza a C-552 e xa desde alí dirixímonos con dirección Fisterra até Corcubión.
Se temos tempo, hai un traxecto un pouco máis longo pero máis agradable (transcorre pola costa) e é dirixíndose a Noia e xa desde aí por C-550 cruzamos Muros, Carnota e chegamos até Cee, alí desviémonos cara á esquerda con dirección Fisterra. Corcubión está a un quilómetro de Cee.
Duración do traxecto Santiago de Compostela a Corcubión: 1 hora e 15 minutos aproximadamente.
Cómo chegar desde Vigo.
Desde Vigo até Santiago de Compostela chégase pola autoestrada AP-9, tomar a saída Santiago Sur - Milladoiro - Noia. Posteriormente, ao chegar Bertamiráns, tomar a saída a Negreira e logo seguir o itinerario descrito arriba (é dicir, Negreira - A Pereira - Berdoias - Cee - Corcubión).
Duración do traxecto de Vigo a Corcubión: 1 hora y 45 minutos aproximadamente.